11 dic 2010

Paseo Marítimo de Viveiro

Hoxe fixen un pequeno recorrido en bicicleta polo paseo marítimo de Viveiro. Escomenzo na praia de Covas, á altura do coñecido co nome dos Castelos : unhas rochas, no medio do mar, as cuales, de pequeno, me parecían impoñentes, e onde a miña fantasía se desbordaba. Lembro con ledicia os baños e os xogos que, sendo un neno, levei a cabo neste paraxe. Ademais dos peñascos e as rochas, ás que subíamos para chogar, neste lugar, sempre chamou a miña atención o Monumento que lembra o naufraxio do Bergantín Palomo e a Fragata Magdalena, ocurrido no ano 1810. Unha inscripción conmemorativa, situada nunha das rochas, dice: "A los 550 naúfragos del Bergantín Palomo y de la Fragata Magdalena, sucumbidos en esta playa el 2 de noviembre de 1810". Sendo pequeno aínda, escoitaba, en Viveiro, falar á xente, con unha mixtura de reverencia e de temor, sobor da dimensión desta traxedia, que xa formaba parte do imaxinario popular,.... especialmente cando algúns falaban sobre os centenares de naufragos, mortos e esparexidos pola praia. En Viveiro acaba de rematar, fai pouco, a celebración do bicentenario do afundimento e a lembranza das mais de 850 victimas. A Fragata Magdalena zozobrou na praia de covas. O Bergantín Palomo foi arrastrado ata a Praia de Sacido. Despois de esta breve lembraza, que teño sempre presente, ó pasar polos Castelos, da Praia de Covas, continúo adiante en bicicleta polo paseo marítimo de Viveiro, e ó carón da praia. Un pouco mais adiante, fago unha parada nun lugar, para mín, tamén entrañable: O Parque . Este é tamén un lugar que me trae grandes lembranzas. Cando éramos nenos, sobre todo no vrao, eu é meus hirmáns, despois do baño de rigor, pegábamos largas carreiras pola praia para chegar a unha das mesas de pedra que estaban desperdigadas polo parque. Alí, o olor e o sabor da tortilla, feita pola miña nai, ainda os sigo levando dentro, despois de tantos anos. Lembro, sobre todo, una mesa circular e cuberta por un arboleda, que era á deseada por todos os de Viveiro. Algún domingo, eu e meus hirmans, temos madrugado d'abondo para poder reservala. Aquela mesa, circular e cuberta, tiña un aire misterioso que nos permítía chogar e soñar. Hoxe, a mesa sigue, pero arrasaron co que eu sempre considerei o mais importante: a arboleda ca cubría e rodeaba. No seu lugar unha fea e triste farola de cor azul, acompaña á solitaria mesa. Cando, por primeira vez, descubrín o que considero que é unha desfeita, viñeron á miña mente algunhas expresións que, Radio Futura, utiliza na sua canción, Escuela de Calor: Hace falta valor, hace falta valor,....Una paloma sobrevuela el peligro.....etc." Nin corto nin perezoso collo a guitarra e construyo, sobre a base de esta melodía, una letra que me permite canalizar o meu cabreo: "Hoxe en Viveiro, pasei polo parque, e vin como os meus soños se derrubaban... Esperando que volte o pasado....faiche falla valor, faiche falla valor, ven a ver esta destrucción...Había una mesa cuberta e entrañable na que de nenos íbamos xogar. Hoxe arrasaron con todo, malditos, á historia non vos absolverá...Unha paloma sobrevuela Viveiro e ó alcalde non deixa de observar. O quere enfilar na calle do medio, é na cabeza lle poder cagar.....". No Naseiro non deixaremos de cantala. Dou unha volta na bicicleta polo parque é, de novo, estou no paseo. Observo unha novedad. Á altura do camping existe unha bifurcación, que nos permite seguir hacia Viveiro, ou virar como si fóramos en dirección a Celeiro, que vemos a nosa dereita. De momento, decido seguir hacia Viveiro, pois no inverno, a partir das 7, xa escomenza a faltar a luz. Chego á altura da Ponte da Misericordia e cruzo por un paso de peatóns ata á outra acera. Continúo por ahi e, no cruce que me levaría a Vieiro collo, de novo, o paseo marítimo. Paso por enriba dunha ponte, ó marxen dos peligros do tráfico. Deixo á miña dereita a entrañable Ponte da Vía, da que xa falei. Continúo a ruta, ata chegar ós xardins de Viveiro, xa na Cidade. A ruta non implica mais de dous ou tres kilómetros. Para voltar de novo ós castelos, podemos cruzar a Ponte da misericordia, ou dar a volta por donde viñemos. Eu prefiero dar a volta por donde vín, pois é curta e vale a pena. Chego ata bifurcación, da que falei anteriormente, e pedaleo na bicicleta polo espigón, acondicionado como paseo, e que sae hacia o mar, en dirección a Celeiro. Entre lusco e fusco dou á volta hacia o punto de partida.