O Pozo da Ferida
Hoxe 6 de novembro do 2010 estiven de novo en Viveiro. Tiña pendiente facer unha visita á denominada como o Pozo da Ferida. O día está encapotado e nublado, pero é un de esos días no que estamos seguros que non choverá. Como decía Hume, estamos seguros de que "algo" non pasará porque multitud de veces observamos que, en situacións muy parecidas, ese "algo" non pasou. A costume me leva, polo tanto, a creer firmemente que hoxe non choverá, ó menos durante varias horas, como así sucederá. Ainda que Kant, criticaría duramente esta forma de enfrentarse a realidade da natureza, eu, neste caso, decidín seguir a Hume. Para achegar ó pozo debemos coller, dende Viveiro, a mesma carretera que nos leva ó Souto da Retorta, en Chavín. Nambergantes, non debemos chegar ata ese lugar. Á altura do Val de Naseiro, debemos coller un desvío á esquerda que nos sinala a dirección ó Pozo. Un pouco mais adiante deixarémos á nosa deretita a Iglesia de San Pedro, que ben merece unha visita. A partir de ahí, si imos en bicicleta, debemos saber que teremos que facer fronte a unha ascensión dunhos 7 kilómetros. Ainda ca ascensión non é moi dura, xa que existen zonas para recuperarse, debemos estar preparados para pedalear en tensión, sobre todo, nos últimos kilómetros antes de chegar a un cruce que nos mostra a dirección a seguir. Ó chegar a este punto, debemos abandoar a estrada, que nos levaría ata Xove, e viramos á dereita. A partir de ahí, debemos seguir perante unhos 2 kilómetros, por unha estrada sin asfaltar. Como esta vez vou en coche, aparco fronte a antigua escola do pobo. O pobo tén o nome de Loureiro. Meu bon amigo, Ignacio, (Trosky), coñece ben este lugar. Conta que fai xa moitos anos o lugar rebulía de vida, e a escola estaba chea de nenos. Hoxe o abandono da escola e da maioría das casas do lugar é significativo, ainda ca beleza do lugar sigue a ser algo increible. A partir do cruce, en donde s'atopa a escola, sigo camiñando perante unos 500 metros. Chego ata outra casa abandoada. O silencio, que se respira, trasládame á miña adolescencia, pois estou seguro, a pesares da tormentosa e pouco tranquila época da miña xuventude, que sentía este tipo de silencio ó pasear por lugares como éste, fai xa mais de 40 anos atrás. Nesos momentos a paz que respiro é indescriptible. Fronte á casa abandoada, un letreiro me indica o camiño a seguir para chegar ata o Pozo da Ferida. A partir de agora o camiño se volta moi estreito, pero tamen entrañable. Camiño perante unhos dous kilómetros. Deixo á miña esquerda outra casa abandoada e misteriosa. Despois inicio unha suave baixada e escomenzo a escoitar o ruido das aguas da cascada ó caer sobor do pozo. Chego ó Pozo da Ferida.
FOTOGRAFÍAS DO POZO DA FERIDA
FOTOGRAFÍAS DO POZO DA FERIDA