10 oct 2011

Ruta pola Devesa da Rogueira (O Courel)

Os días 7-8-9 de Outubro andíven polo Courel con un amplo grupo de amigos. Quedamos en xuntarnos todos en Monforte. Dende Ferrol, eu viaxo, no seu todoterreo, co meu amigo da infancia, Manuel Del Río Ferro, ata Monforte. Pola súa banda, dende Pontevedra, chegarán outros 12 mais. Quedamos en xuntarnos, nun bar situado frente ó Colexio dos Escolapios, de Monforte. Despois da xuntanza, é, de tomar algo, viaxamos, xa todo o grupo, ata Vilamor, pobo pertencente ó Concello do Folgoso do Courel. Alí, en Vilamor, na Casa Dosinda, é o lugar onde pernoctarémos, é xantarémos, ós días 7 é 8 de Outubro. Cando chegamos á Casa Dosinda, xa estamos no lusco é fusco, polo que nos acomodamos e nos preparamos para disfrutar duhna extraordinaria cea (¡atención a empanada de liscos con acelgas!, que sirven na Casa Dosinda. Unha auténtica delicatessen). Despois dos postres, da guitarra, é, dos cánticos populares entre amigos, retirámonos a descansar. Temos programado, para o día siguiente, a ruta, a pé, pola Devesa da Rogueira.
Ó día seguinte, (8 de Outubro do 2011) saímos todos en dirección ó pobo do Folgoso do Courel. Dende alí, despois de avituallarnos, saímos en dirección ó Alto do Couto onde deixamos os coches e iniciamos, a pé, o recorrido pola denominada como Ruta da Devesa da Regueira. O meu amigo, Juan Meilán, dí deste lugar que é "un espacio silencioso y solitario, inmenso bosque mágico y milenario, que nos permite pasear por antigüos senderos que sugieren tiempos remotos de cuentos y tradiciones, despensa de la naturaleza, en donde estarémos acompañados por olores a tomillo, orégano, menta y romero, mientras caminamos por un túnel arbolado a la sombra del acebo, abedúl, avellano, tejo, fresno, haya o roble". Visitamos a Fonte do Cervo, cos seus torrentes ferruginosos é curativos. Según a lenda popular, as augas da fonte, teñen poderes sobrenaturais, pois, según se dí, a súa auga blanca cura a anemia (anemia de todo tipo); é a sua auga ocre cura as enfermedades nos pulmóns. Despois de probar esas augas curativas, iniciamos unha pronunciaba baixada que nos leva ata o pobo de Moreda, onde disfrutamos dun agape ó aire libre, nun día auténticamente maravilloso.
Despois de comer, voltamos, nos coches, de novo a Folgoso, é, dende alí achegámonos a visitar Seceda, onde paseamos polas suas ruas, falamos coa xente é admiramos ás súas casas restauradas. Dende alí, voltamos, de novo, a Vilamor, para descansar na añorada Casa Dosinda.
Ó día seguiente (9 outubro 2011), despois do almorzo, abandoamos Vilamor para retornar os lugares onde vivimos habitualmente. De volta, pasamos, de novo polo Alto do Couto; facemos pequenas paradas en Ferramulín, Visuña. En Seara, tomamos un pequeno refixerio, o que nos permite probar de novo o viño, é, os productos da terra. Seguimos hacia diante. A altura de Quiroga, Manolo, é, mais eu, despedímosnos dos nosos amigos de Pontevedra, para dirixirnos, despois de facer unha pequena parada no Asador de Bamahonde, ós nosos aposentos particulares.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio