Visita ó Souto da Retorta (Chavín-Viveiro)
O 30 de outubro do 2010 estiven de novo en Viveiro. O día 24 percorrín en bicicleta o paseo que, seguindo o Río Landro, parte de Verxeles ata Portochao. Hoxe, día 30, foime imposible ir en bicicleta pois o día amenazaba vento e choiva. De todas formas, esta ruta, para facer en bicicleta é ideal, ainda que un pouco curta. O percorrido que vou describir non representa mais de 6 kilómetros, ida e volta. Ainda que, claro está, depende dende onde iniciemos tal percorrido. Xa falaremos disto más adiante. Pois ben, descartada (hoxe) a bicicleta, adiqueime a vixiar o ceo, coa esperanza que despexara nalgún momento. Sobor as 12 do mediodía, o ceo despexou. Incluso saiu o sol. Subo no coche e me dirixo a Chavín. Dende Viveiro a Chavín son 7 kilómetros por carretera, polo que, facendo bo tempo, é aconsellable, coller a bicicleta e partir dende Viveiro para facer a ruta que vou a describir. Ó chegar a Chavin debemos estar atentos para non pasarnos. Enfilamos unha recta e deixamos Naseiro á dereita. [Noutro momento faremos tamén un percorrido por Naseiro]. Pasamos unha ponte estreita e aparcamos o coche á dereita frente o que, antiguamente, foi a fábrica de Barro-Chavín. Hoxe hai un edificio que parece ser a Fábrica de Hidrofersa. Si vamos en bicicleta, pasamos de aparcar e xiramos á dereita. Si vamos en coche, non temos más remedio que aparcar. Collemos un camiño que xira á dereita e, diante noso, aparecerá un cartel informativo que nos fala sobre o itinerario que imos seguir: O SOUTO DA RETORTA , ou o eucaliptal de Chavín. É evidente, por tanto, co reclamo turístico principal desta ruta son os eucalíptos, especie arborea que, personalmente odio a morte, xa que creo que é unha das causas principais da deforestación das arbores autoctónas da nosa terra galega. O que sucede, é co reclamo turístico no fai referencia tanto ós eucaliptos en xeral, como a UN EUCALÍPTO EN PARTICULAR , que destaca polas suas características especiais. Según parece foi plantado a finais do século XIX (1880) e alcanza unhos 67 metros de altura. Popularmente se lle conoce co nome do "Avó" (Abuelo). Ainda que recoñezo a singularidade deste exemplar, que non sei si terá algún Giness, sigo odiando ós eucaliptos a morte. Polo tanto, si a ruta consistira sin mais na visita deste exemplar, por moitos Giness que tivera, teñan por seguro que no me molestaría en visitalo. Pero a ruta do Souto da Retorta é moito más que este exemplar de eucalípto. O percorrido que nos conduce a él, é unha maravilla da natureza. Un caminiño estreito, flanqueado, por un pequeno canal, á nosa esquerda, e polo río Landro á nosa dereita, invita a pasear paseniño, paseniño....Observo, no recorrido, unhas escaleiras de pedra que che permiten baixar ata orilla do Río Landro. Observo tamén unha pequena cascada que arroxa a sua auga no río. Ademais de eucaliptos que chupan como "draculas" as augas do río, existen tamen otras especies arbóreas que nos acompañan na nosa andaina: loureiros, ameneiros, castaños. Unha verdadeira maravilla. Neste ambiente percorremos unhos 2 ou 3 kilómetros. Ó final, chegamos ó reclamo desta ruta. No medio duhna explanada, e, rodeado por unhos bancos, destaca o Avó. Dicen que se necesitan 6 persoas para abrazalo. Un cartel nos da cumprida informaciòn sobre él. Ó chegar eiquí, podemos dar a volta por donde viñemos, ou seguir o camiño perante unhos 800 metros mais. Neste pequeno percorrido, podremos ver a Pena da Vella, unha roca de grandes dimensións suxeita por un ferro curvado. Según parece, a pedra non é algo natural, senón producto do xenio destructor do ser humano. Foi dinamitada para que chegase ó río e formar parte da presa, pero non cumpriu o seu obxetivo, e quedouse a medio camiño. Un pouco mais adiante chegamos á presa, onde a auga forma o que se coñece co nome do salto do cán. Dou a volta. Camiño despacio e sen presa, ainda que escomenza a chover. Sin duda algunha que voltarei, esta vez, espero que na bicicleta.
FOTOGRAFÍAS DO SOUTO DA RETORTA
FOTOGRAFÍAS DO SOUTO DA RETORTA
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio