Pola Veiriña do Landro
Hoxe 24 de Outubro do 2010 fixen un pequeno recorrido pola veiriña do río Landro de Viveiro (Lugo). Deixo o coche aparcado no rincón de Verxeles e, antes de partir, boto unha ollada á ponte da misericorda. Despois alzo a vista na busqueda do sempre añorado monte de San Roque. Un pequeno tunel e unhos grabados de figuras humanas xigantes me mostran o camiño a seguir. Paso o tunel, e o río Landro mostrase con todo o seu esplendor. Contemplo a ponte da vía e o lugar onde aprendín a nadar con 9 anos. Continuo pedaleando nun piso que no está pensado, nin moito menos, para recorrer en bicicleta. Chego ás aceas e paro a contemplar o que foi un antiguo muiño, e a casa que, sendo neno, contemplaba como algo lexano e inacesible, [non existía o paseo que agora estoy describíndo] Pasábamos ó seu caron nunha lancha de remos, cando, sendo adolescentes, todos os amigos, nerviosos e excitados, pero muy contentos, nos dirixíamos a dar un baño no pozo de Piago. Mais adiante, paro nun mirador para ollar as aves que nadan polo río. Continúo pedaleando. A calzada non está adaptada para pasear tranquilamente en bicicleta. Pedazos de lousa están desperdigados polo chan o que implica un sube e baixa, muy molesto, para o ciclista. Penso na Paris-Roubaix. Ainda que, en honor á verdade, existen tamén tramos de terra compacta e outros de madeira, que permiten un pedalear mais tranquilo e relaxado. Ademais, o corto recorrido, que estou levando a cabo, e para facer despacio, parando e disfrutando da paixaxe e do maravilloso río que nos acompaña. Chego ó pozo de Piago. Cando era un neno estaba convencido que nese pozo existía unha serpe xigante. Era ó que decía a lenda, e si hai algo realmente certo, e o que dicen ás lendas. A verdade era que, por si acaso, sempre nos tirábamos de cabeza ó pozo, nadábamos un pouco e saíamos rapidamente fora, para volvernos tirar de novo, nun proceso continuo de entrada e saida da auga. Naide pasaba moito tempo nadando no pozo. Non decíamos nada, pero, penso, que todos creíamos que a serpe podía aparecer en calquer momento. Mais tarde, enteréime que no pozo non había tal serpe (ainda que eu sigo a creer nela) senon un cañon, que apareceu nos Castelos de Covas, e ca corporación municipal vivariense, por motivos políticos, ordenou afundir no pozo de Piago. Pouco a pouco, chego ó final do noso recorrido: Portochao. Neste lugar, xa fai anos, os mariñeiros de Viveiro tiñan a costumbre de subir nas suas lanchas engalanadas para disfrutar dunha tardiña ó aire libre, con bo viño, música e bo xantar. Fago a volta seguindo o mesmo recorrido, parando, de novo, cada pouco para contemplar dende outra perspectiva o río da miña infancia e adolescencia. Ainda que non teño ningunha presa, espero que algún día, cando deixe de velo e de sentilo, a miñas cinzas sexan arroxadas no Río Landro de Viveiro. Panta Rei.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio